Todas las entradas de: chema

I XORNADAS ARREDOR DA MÚSICA TRADICIONAL

 

 

 

 

 

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012. Nesta cita de música tradicional amosaranse, ademais da galega ,outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.

O sábado 15 de decembro ás 12.15 horas terá lugar a presentación de « Vámola alborando -Músicas de Teo.» da man da  Regionalista, na que estaremos acompañados por dúas das máis veteranas de Teo e lincenciadas en cultura tradicional, a Sra Evangelina Pazos e a Sra Antonia Sanchéz. quenes interpretaran cantos de diversa temática.

 

Vámola Alboreando – Os Enxebres de Cacheiras

 

Se falamos de cuartetos enxebres na nosa comarca de Santiago temos que facer referencia ao cuarteto da Chaparra liderado por Aurelio Sixto Novio, pois foi o que máis influíu na música tradicional do lugar, modelo a seguir en toda a contorna. Mestre de numerosos gaiteiros como Sr. Pedroso das Casas Novas quen ricibíu clases da man de Aurelio. Tralo conflito bélico do 36, o Sr. Manuel Landeira acode xunto a Manuel Otero de Bornais, compañeiro de Sixto, con quen dá os primeiros pasos do que pronto sería o seu propio cuarteto en Cacheiras.

Peza clave neste estudio sería Marcelino Gondelle que aos seus máis de 90 anos recordou para nós a súa historia musical,como el di: Fun moi afortunado ao tocar con Sixto da Chaparra, un gaiteiro que lle facía fronte ao mesmo Cachafeiro, sen lle envexar nada. A principios dos corenta comenza a tocar no cuarteto liderado polo Sr. Landeira, onde coñece ao Sr. Munín do Eixo (Sta. Lucía) que se consolidou como compañeiro durante case que vinte anos. O Sr. Gumersindo Munín aprendeu solfa da man do cura de Aríns, a súa primeira actuación cos Enxebres foi no ano 43 no lugar de Pai da Cana (Conxo). Logo chegarían distintos premios e distincións a este cuarteto emblematico de Cacheiras.

Nós destacamos que os Enxebres poden ser considerados como un grupo profesional da música tradicional, pois aínda que todos tiñan outras tarefas ou ocupacións a maior parte da súa actividade estivo vinculada á música remunerada, convertendo a súa vocación nunha profesión e nun xeito de vivir.

Escoitaremos un pasacalles interpretado polo Sr. Marcelino e o Sr Munín. Este popurri de pasodobre e muiñeira non é máis que unha interpretación de «A volta da festa», gravado polos Soutelos de Montes. eles, os Enxebres de Cacheiras, recoñecen que escoitaron nun magnetofón esta melodia e lles gustou tanto que decidiran aprendela axiña para a incorporar no repertorio. Ao non lle coñecer o nome  titulárona « Pasodoble Cacheiras«, en homenaxe ao lugar do que eles proviñan.

 

 

 

Vámola Alboreando – Canto Infantil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este tipo de composicións encadrámolo dentro do que coñecemos como » ciclo vital «. Dende a nenez ata a mocidade, a cal remata no momento en que o individuo recibía o sacramento do matrimonio, simbolizando o pecho dunha das etapas da vida: a » idade infantil «. Hoxe en día ben mudaron as cousas verbo disto.

Nos primeiros pasos da vida ben sabido é que os pequechos reaccionan como esponxas absorbendo boa parte dos valores e coñecementos. Por tal motivo é moi importante nutrir de sensacións e experiencias, tanto físicas como intelectuais, esta primeira etapa vital.

Dentro da etapa que denominamos como infantil, o canto que escollemos non é de arrolo, máis non queriamos que pasase inadvertido. Recollido en Luou- Teo, ás Sras. Carmen Pedrouzo Vázquez e Sabina Parajo Sigueiro fai referencia a unha etapa da vida posterior á de berce, cando xa imos tendo «uso de razón». Hai algunhas décadas, as cousas non eran como agora, poucos eran os nenos que recibían escolarización, as aulas estaban masificadas e había escaseza de profesores. Á par, nas casas o traballo era moito, o que obrigaba os máis dos rapaces a ter que abandonar as aulas. Só uns poucos acadaban o certificado de estudios primarios, coñecido popularmente como saber ler e escribir.

Estes cantos axudan dalgunha maneira ao cultivo da memoria (capacidade intelectual), xa que o xeito de aprendelos é por repitición e memorización dos versos. Soen ser moi atractivos para os cativos, o que fan que aprendan con grande axilidade. En moitos casos forman parte de xogos ou roles do colectivo infantil, o que obriga máis se cabe á súa rápida aprendizaxe, tanto memorística coma psicomotriz.

Vámola Alboreando – Jota da Sra Pepa

A Sra. Pepa foi unha das tantas rapazas que veu vivir a Amahía procedente da montaña. Os «montañeses» era o alcume polo que eran coñecidos os que proviñan das terras altas. Non é un nome pexorativo, pois esta xente estaba moi ben vista ao ser considerados moi traballadores e honrados. A migración interior provocaría a mestura de diversas expresións culturais.

No que nos atinxe, neste caso a música, prodúcese unha simbiose que funciona á perfección concretada nesta jota que nos interpreta Sra. Pepa. Nada en San Xoán de Fecha, onde pasa parte da súa nenez e aprende a tocar a pandeireta, viaxa cos seus pais para asentarse no lugar de Penelas onde rapidamente estreita lazos coa mocidade do seu tempo, comezando sen se decatar unha interculturización e adaptación folclórica. Músicas e melodías, manifestacións foráneas, son rapidamente asimiladas formando parte íntegra dunha nova comunidade.

A nosa trasmisora recorda: «Elas aprenderon algunhas das miñas e eu collín das súas. O caso é que cando tocabamos todas para o baile nunca houbo ninghún problema. Cos meus tons ían moi ben as coplas que tiñamos».

 

Mes do teatro

Fieis á cita anual chega o «Mes do teatro» a Teo da man da A. C. A. Mámoa de Luou-Teo. Na súa XV edición gozaremos de tres funcións ao longo deste mes de novembro no local social de Luou.