Ribeirana de Santiago
15 07 2011
As ribeiranas son bailes mixtos cunha coreografía máis ou menos concreta só coñecida polos intérpretes desta.

Categorias : Xeral
As ribeiranas son bailes mixtos cunha coreografía máis ou menos concreta só coñecida polos intérpretes desta.

Os cantos de Sema Santa -tamén coñecidos como ‘cantos das cruces’ na comarca da Ulla- realízanse no xoves e venres santo. Como seu nome indica, nun principio tiñan lugar no exterior da igrexa, no adro, facendo o viacrucis de representación e subida ó Monte Calvario. Co tempo e, por diferentes motivos como as protestas dos maiores que non podían seguir os actos debido á súa extensión -trece cruces- ou as inclemencias do tempo, foron pasando ó interior das basílicas onde participan todos máis comodamente. Esta mudanza ao interior dos recintos relixiosos non evitou que se seguisen a manter as tradicións percorrendo cada estación e deténdose xunto dela, momento no que se cantan estas pezas. Cada interpretación lembra, un por un, os momentos da paixón de Cristo nun acto que no seu conxunto rememora a historia cristiá a través destas cancións que, basicamente, describen a imaxe de cada estación (cada parada que fixo Xesús).
Desde A Regionalista procuramos darlle vida a unha pequena mostra oral, reducida, onde destacamos os momentos máis importantes da paixón: prendemento, flaxelación, Xesús carga coa cruz, coroación de espiñas (…) e, finalmente, a crucifixión.
As carracas son un instrumento percutivo elaborado en madeira autóctona (castiñeiro, carballo…) que os mesmos rapaces construían e empregaban en diversos actos, alén do visto, por exemplo no Entroido. Sendo un trebello exclusivamente masculino en canto ó seu uso, cumpría un papel fundamental en Semana Santa: por un lado contribuía -como dixemos- a lle dar máis viveza á representación do acto da morte de Xesús e, ao mesmo tempo, facía máis atractiva a afluencia da mocidade para participar nestes actos. Este aliciente de tocar dentro da igrexa neste tipo de representacións hoxe en dia está case desaparecido ou mesmo prohibido .A partir das 23 horas do sábado 26 de marzo, comenzará o primeiro Serán, organizado pola Asociación ALBORADA de Santa Lucia donde estará presente a orquestina “Alavariza”.
O día 12 de Xaneiro na Radio Televisión de Galicia, poderase ver unha presentación do Sexteto Enxebre dos Lamas de Cornide, a través do programa Alala. Según horario da CRTVG a difusión comenzará as 21h59.
Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010)
Fieis á cita anual, a Asociación Cultural A Regionalista edita o segundo libro dentro do Ciclo ‘Persoeiros da Terra’ dedicado ao Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010), e que recolle a vida da formación teense repartida en tres xeracións. A presentación do libro veu acompañada no seu día dunha exposición co material recompilado en hemerotecas e prestado para a ocasión polas familias e amigos dos irmáns Lamas: instrumentos orixinais, partituras centenarias e mesmo correspondencia desde a fronte en plena Guerra Civil do 36. Xunto a isto, foron múltiples as anécdotas contadas polos propios protagonistas e familiares. Todo este anaco de historia e vida na Galiza ao longo do século XX aparece recompilado no libro-monográfico de Homenaxe centenaria aos irmáns Lamas.A través das súas páxinas, entre outros moitos datos, descubrimos o auxe e proliferación das murgas, charangas ou músicas a partir do ano 1900, formacións que encarnaba o devandito Sexteto Enxebre e que ocuparon o elo perdido entre o cuarteto ou sextetos tradicionais (como as requintas) e as bandas de música. Neste monográfico queremos renderlle pois especial homenaxe -máis que merecida- a unha familia de artistas que durante case un século encheron de son e vida as terras de Teo e as de máis alá Oxalá que estes pequenos traballos como o aquí presentado contribúan a facer un chisco máis imperecedeira unha cultura como a nosa á vez que alimentan as inquedanzas duns mozos e mozas que soñan con sacar adiante un sen fin de proxectos culturais da terra que aman.