Alvariza

rianxo-alvariza1

Pasodoble Tango

ALVARIZA nace a comezos do ano 2000, froito das inquedanzas de rapaces que proveñen de distintas agrupacións locais e comarcais próximas. Os seus compoñentes xúntanse no esforzo de lle poder amosar a toda a xente o seu traballo, xa tendo moitos deles colaboracións en discos no mercado á parte de contar cunha longa traxectoria de actuacións por todo o norte da Península Ibérica (Llodio, Oviedo, Xixón, Cangas de Onís, Noreña, Liébana, Venta de Baños, Barcelona, Zafra, Medina de Rioseco, Madrid, Burgos, Segovia), Portugal (Oporto, Bragança, Valença, Maia, Caminha) e parte de Europa (Festival Intercéltico de Lorient-Francia, Londres, Reims…).

¿O por qué de chamarnos “ALVARIZA”?, éste é o nome dunha construcción de pedra de forma redondeada, a xeito de valado, que se utiliza para protexer as colmenas das alimañas que queren destrozalas, do mesmo xeito, que os músicos de ALVARIZA rodean e pulen as vellas melodías dos gaiteiros, para sacarlle ese sabor dulce, co que anima-las festas, ás que concorren na procura de que a xente recoñeza un xeito de interpreta-las nosas melodías máis propias, tal e como se facía fai moito tempo.

O traballo de ALVARIZA viuse ó longo da súa dilatada traxectoria recoñecido en diversas ocasións. Durante tres anos consecutivos chegaron á final no GALIZA SONS FOLK, gravando un traballo compartido co resto dos finalistas. No ano 2005 foron recoñecidos como finalistas no concurso que a cadea RADIO OBRADOIRO organiza baixo o auspicio da DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Conxuntamente con FARGALLOS sae ó mercado o seu primeiro traballo discográfico compartido con outros artistas, chámase IMAXINARIA.

ALVARIZA pretende dende os seus comezos recuperar os sons tradicionais que deixaron as murgas ou charangas de mediados do século pasado así como outras formacións similares que poboaron a nosa xeografía nesa época. O seu repertorio está composto por pezas das catro provincias galegas.

Hermanos Lamas, Cornide - Teo

A música é un sentimento común que une a esta xente que traballa para que as tradicións e o noso patrimonio cultural inmaterial permanezan vivos e perduren ó longo do tempo dándoos a coñecer por todo o país.

ALVARIZA esta integrada por:

[TABLE=2]