24
07
2011
Este ano Alvariza ten o pracer de facer parte dos grupos que actuarán no ANM 2011 (asnosasmusicas).
Organizado por A Xesteira, será en Couso (A Estrada) o día 14 de agosto.
Toda a información de este evento podredes encontrala na seguinte web:
http://www.asnosasmusicas.org/

Comments : Sin Comentarios »
Categorias : Actuacións, Eventos
5
06
2011

Ben esta idea fráguase na necesidade que temos os grupos e asociacións, en concreto as teenses, de establecer un contacto ameno e esperamos que fructífero entre as diversas asociacións do concello co motivo de tocar e bailar, pasalo ben nun acto social-lúdico informal.
Con esta xuntanza “fuliada” o que se pretende é por un lado presentar un evento organizado, cunha orde lóxica e necesaria para poder levar a cabo esta actividade e por outro buscar o contacto entre as diferentes entidades (mozos/as ) que se animen á devandita fuliada. Aínda que é pouca a distancia que hai entre os diferentes centros son escasos os contactos que mantemos dun modo informal e sen prexuízos polo que cremos firmemente que esta fuliada unirá máis a xente que defendemos as nosa tradicións.
Neste sentido podemos dicir que o concello de Teo é privilexiado, xa que conta cun gran número de agrupacións a prol do folklore, non hai máis que mirar o cartel, sen contar outras que non poden estar, xa que son datas propias de actuacións.
A idea da Regionalista é repetir a fuliada, dado que son moitas as mostras de interese e apoio que nos manifestaron as asociacións compañeiras.
Agradecer a colaboración do Concello e de todas as entidades que participan neste evento.
Comments : Sin Comentarios »
Categorias : Actuacións, Eventos
2
05
2010

Descarga do Cartel_Manguelo_Folk
Temos cita este ano no Manguelo Folk o día 22 de maio en Orazo, no concello da Estrada.
A partir das 11 da mañan, as charangas BB+ e Antaruxan percorerán os distintos lugares da parroquia.
A partir das seis da tarde seguirán as actuacións dos grupos:
XUNTANZA DOS REGATOS
LILAILA
A CARBALLEIRA DE CERCIO
PETER PUNK
Ó SON DA FERVENZA
CANTIGAS DA TERRA
TRIOLIRO REGUEIFEIROS
CÉ ORQUESTRA PANTASMA ( HOME ORQUESTRA)
Xa metidos na noite se fará entrega dos premios do concurso de debuxo e seguirá a musica da man de
XUNTANZA DOS REGATOS
REQUINTA DA LAXEIRA
ALVARIZA
KORRONTZI
OS TRES TREBÓNS
Para mais informacion podedes dirigirvos a páxina web da Asociación SocioCultural Cotomangelo:
http://www.cotomanguelo.aestrada.com/
Alí estaremos esperandovos…
Comments : Sin Comentarios »
Categorias : Actuacións, Eventos
4
07
2009
Despois de regresar o ano pasado con algun que outro problema, este ano o Festival “Musica Na Noite” organizado pola Asociación Lua Chea de Sollans (Teo) volve con forza. Xunto con grandes nomes como Leilía, Fía na Roca, Ruxe Ruxe e GalegoZ, a orquestina Alavaria presentará novas composicions.

Comments : Sin Comentarios »
Categorias : Actuacións
12
05
2009

Dende fai uns anos vense celebrando con gran éxito os “seráns da nasa” que son a máxima expresión viva do noso folklore. Conservado gracias os numerosos xóvenes que alí se dan cita, o igual que os grupos musicais que acuden, de todo o pais , para participar nestes seráns.
Neste último serán da temporada presenta ALVARIZA a súa nova formación de “ORQUESTINA.” Estes grupos musicais situanse na transición entre as bandas de música e as orquesta modernas. Presentan unha moi rica instrumentación, como: clarinetes, saxo, acordeón, frauta, gaita, caixa e bombo con pratiños, co que mesturan os ritmos máis tradicionais cos máis recentes e modernos.
Para esta ocasión a ORQUESTINA DE ALVARIZA decantarase polos ritmos propios para bailar o solto, muiñeiras e xotas, manifestando asi unha fonda preocupación pola música de raiz que veñen investigando dende hai 15 anos , baixo a responsabilidade da A. C. A REGIONALISTA .
Xunto con ALVARIZA, o vindeiro 29 de abril do 2009, estarán apartires das 21:30 os seus compañeiros e veciños de Teo, “ FARGALLOS” encargados de iniciar o serán e logo “ A MAMOA” Luou- Teo e para rematar e pechar este serán “ OS REPUBLICANOS ”
Comments : Sin Comentarios »
Categorias : Actuacións, Eventos