A Regionalista

Asociación Cultural

Adeus a Palmira ‘de Picón’

O luns pasado 27 de maio deixábanos aos 97 anos unha mestra da vida e cantareira de corazón: Palmira Balado Gil -Palmira ‘de Picón’. Veciña de Cacheiras-Teo, encheunos de agarimo coa súa participación como transmisora na edición e presentación de Vámola alboreando. Músicas de Teo. Permanecerás na nosa memoria.           [audio mp3=»http://www.aregionalista.es/mp3/Varias/Palmiradepicon.mp3″ preload=»true»]

Read More

O ciclo do ano- Os Maios

Os Maios ou Madamas na provincia da Coruña. Nos últimos días de abril e primeiros de maio teñen lugar estas celebracións nas cales mulleres e homes se xuntan para cantar. A alegría polo espertar da natureza maniféstase nestas datas en diferentes lugares do mundo e de forma moi diversa. Ritos ancestrais cheos de colorido na […]

Read More

Vámola alboreando – O son da harmónica.

Como ben recorda Manuel Pombo García, o primero instrumento musical que tivo na man foi unha harmónica, daquela o trebello estrela entre os cativos: Con seis anos xa andaba practicándome coa harmónica dun veciño, xa que por aquel entón non estaba ó alcance de todos, por pouco diñeiro que custara non deixaba de ser un […]

Read More

Vámola Alboreando – Cantar as cruces

Os cantos das cruces, así denominados na bisbarra do Ulla, son interpretados na paixón de Xesús. Esta é unha temática pouco coñecida aínda que moi estendida por todo o noroeste peninsular. Cada vez son menos empregados na liturxia do Xoves e Venres Santo, polo xeral efectuados por mulleres, de cadencia pausada e monótona, aprendidos a […]

Read More

Vámola Alboreando – Canto do Carreteiro

O oficio de carreteiro podemos catalogalo como o dun traballo ambulante de quen transita os camiños do país levando mercadorías. Desde hai varias décadas, coincidindo coa mecanización do campo, a profesión foi desaparecendo. As mecadorías pasaron a trasladarse en automóbiles e camións e o uso dos bois como animal de traballo, e tamén de compañia, foi […]

Read More

Vámola Alboreando – Canto de muiños

A igual que outros moitos relatos e histórias (cantares de cego, romances, sinsarralladas…) que na nosa sociedade foron sufrindo os cambios propios do proceso de transmisión oral, para o caso concreto do Val do Ulla observamos que moitas foron mesmo alteradas na orixe ao ser reutilizadas como cantares de Antroido. Adaptándose a estas novas necesidades […]

Read More

Vámola Alboreando – Entroido Ullán

  O concello de Teo, encravado ás beiras do Ulla, mantén a tradición dos Xenerais, que percorren todos os lugares da parroquia evocando aires paramilitares. Diante os «correos» montados da cabalo anuncian a súa chegada, a continuación e a pé os diferentes coros de bonito e de vellos, acompañados dos seus músicos, entran en escena […]

Read More

Vámola Alboreando – Acordeón en Teo

A chegada dos acordeóns a Galicia- primera metade do século XIX- provoca unha pequena revolución, convértense no animador por excelencia de bailes, estendéndose dunha maneira moi rápida alcanzando unha gran presenza no país, grazas a que souberon adaptarse moi ben ao noso folclore. Sabemos que están moi ligados aos bailes agarrados (valses, mazurcas, polcas,..)xa que […]

Read More

Vámola Alboreando – As Xuntas

                  Grazas ao labor das mulleres, mozas, nais e avoas a pervivencia e desenvolvemento do folclore galego estiveron garantizados ao longo do tempo. Cando se celebran as foliadas, ruadas, xuntas, seráns, polavilas, …é o sector femenino o encargado de realizar tal festexo, xa que a presenza de […]

Read More