Asociación Cultural «A Regionalista»

A nosa asociación acolle un colectivo de persoas que dende o ano 1992 se vén preocupando polo carácter e a idiosincrasia do noso pobo. Dende hai máis de 15 anos percorremos o territorio do noso país indo mais aló do que son as fronteiras políticas e xeográficas deste, xa que a cultura non sabe de fronteiras senón de persoas.Froito deste duro traballo de campo, onde recompilamos as distintas falas do noso pobo e as diferentes manifestacións etnográficas e folclóricas, é un basto arquivo sonoro e visual de toda Galicia.

Deste xeito preocupámonos de recoller útiles xa en desuso, instrumentos que deixaron de tocarse, verbas que deixaron de falarse, manifestacións culturais que se

perderon pola imposición da urbanidade e a globalización das aldeas que poboaron Galicia e que hoxe están a desaparecer.

Parte deste traballo vese recompensado na actualidade por dúas formacións musicais que se acollen no seo da nosa asociación, ALVARIZA, grupo de música tradicional que interpreta aquelas melodías atrapadas e perdidas na memoria dos nosos devanceiros e FARGALLOS, unha nova aposta polo canto vocal da nosa terra acompañado de instrumentos percutivios caídos no esquecemento dos máis vellos.

Cómpre facer mención específica ó traballo de campo realizado exclusivamente no noso concello. Dende sempre tivemos unha fonda preocupación polo que pasou na nosa terra, verbo disto contamos cunha recompilación das máis completas que existen na actualidade, tanto de formacións musicais que poboaron o noso concello dende principios do século pasado, coma de feitos históricos, rituais de carácter festivo, falas perdidas, vestiario propio do noso concello, forma de tocar instrumentos propios… Este compendio cultural propio dános un carácter diferenciador do resto dos concellos limítrofes grazas á gran variedade e riqueza de fenómenos culturais que se deron neste o noso concello.

ramo

En todos estes anos aflorou en nós unha clara preocupación pola cultura popular que aflora dende tempos inmemoriables na nosa terra, verbo desta inquedanza contamos cunha recompilación etnográfica das máis completas que existen na actualidade en todo o territorio galego. Con todo, cómpre facer mención específica ó traballo de campo realizado exclusivamente no noso concello, tanto de formacións musicais que poboaron Teo dende principios do século pasado, coma de feitos históricos, rituais festivos, falas perdidas, vestiario propio da nosa localidade, forma de tocar instrumentos… Este compendio cultural propio dános un carácter identificativo grazas á gran variedade e riqueza de fenómenos culturais que se deron nas terras do noso municipio.

Todo este traballo consideramos que pertence ó noso pobo e que algún día se lle debería amosar co obxecto de que non siga caendo no esquecemento a cultura, a fala e o xeito de vivir das xentes que conformaron e conforman o país. Neste sentido e despois dun longo traballo de campo e investigación decidimos afrontar diversas publicacións e actos: O ciclo do ano (libro-cd); Homenaxes aos nosos transmisores (sección no Luar-TVG, Persoeiros da Terra, …).