Vámola Alboreando – Canto de Aninovo

 

LIBRO CORREXIDO_FINAL3_Maquetación 1O Nadal é un tempo de unión familiar onde se estreitan lazos de amizade, piar base destes días tan sinalados. As datas natalicias atópanse ateigadas de diversos costumes e tradicións,  como sair a cantar panxoliñas (cantos de Nadal).

De novo a unión da comunidade fai posible realizar tales eventos, xuntarse a mocidade fai posible realizar tales eventos, xuntarse a mocidade e ir porta por porta solicitando licenza para cantar a panxoliña e logo pedir o aguinaldo, que será a recompensa con algún donativo tanto económico como de carácter alimentario, cada quen o que puidera (chourizos, algo de lacón, patacas, ovos…)

Ao rematar a cea os mozos e mozas saen dispostos a percorrer a parroquia voltando ao amencer do día. Daquela, a xente acostumada a estes eventos anuais, esperaban ansiosas a que chegaran á súa casa para cantar ´panxoliña´. Son moitas as anécdotas que se viven indo de casa en casa, nalgunhas non abrían a porta, noutras cantaban e non lles daban nada. Pola contra, outros dáballes os cartos antes de cantar e logo convidábanos a unha copa, augardente ou coñac para eles e anís ou  herbas para elas, o que axudaba a soportar mellor o frío intenso do mes de decembro e xaneiro.

Os diversos cambios producidos na sociedade, fixeron que estes costumes dos panxoleiros, de percorrer as aldeas da parroquia coas súas cantigas, desapareceran ao igual que os seus cantos que os acompañan.

Dependendo da zona onde nos atopemos, os cantos de Nadal teñen a súa escenificación propia a través de danzas, cancións…onde as diversas vestimentas engalanan estes acontecementos.

Este canto interpretado por D. Marcelino Cebey Doeyo veciño de Mazas, era cantado a bandos, o grupo de panxoleiros divídese en dous para cantar os diferentes pés, desta maneira cando uns están rematando o seu pé o outro grupo xa comenza o seguinte e así ata o remate. Estas combinacións axudan a facer máis loable o canto, xa que soen ser de certa extensión e máis se temos en conta que se van repetir ao longo da noite.