A Regionalista

Asociación Cultural

AS PANXOLAS. PURA DE SANíN.

  A visión dada polos nosos maiores achegaranos ao Nadal dos tempos de antes co propósito de entender como se vivía a festividade natalicia. Na viaxe realizada tivemos a sorte de atoparnos con transmisor@s, que nos darán una visión xeral, centrándonos nos cantos propios deste tempo do ano. Nas terras da Ulla os cantos natalicios […]

Read More

LINO RODRÍGUEZ SALGADO. Igrexa-Boqueixón.

 A historia de como se fixo gaiteiro este home é tan curiosa como real. Sendo un mozote de quince anos polas festas da parroquia en Boqueixón, o San Roque, contrataran uns gaiteiros afamados da comarca…… Un cuarteto tradicional ben chulo, con aquelas monteiras altas e floridas, eran os      gaiteiros de Cacheiras chamados –Os Enxebres– á fronre un […]

Read More

CESÁREO VILLAR VAAMONDE. A Granxa.

  Para comprender a idíosincrasia do cuarteto Airiños do Pico antes temos que falar dos antecedentes que o orixinan e para tal efecto tivemos o pracer de coñecer a don Cesáreo Villar Vaamonde quen aos seus 100 anos loce una memoria envexable, pouso de todo unha vida. Nado en san Miguel de Sarandón, lugar onde […]

Read More

Canto de Ronda. Vámola Alboreando.

De forma individual ou conxunto, os cantos de ronda seguen una `métrica libre´ en canto á súa extensión, é dicir, varían segundo o gusto do intérprete. Para a execución, unha persoa `guía´comeza o verso da copla e a continuación é seguida polos demais, deste xeito márcase o ton e a melodía a seguir que, polo xeral, xa […]

Read More

O ciclo do ano – A seitura.

`Polo san Xoán sécalle una raíz ó pan, polo San Pedro sécalle a do medio e polo Santiago fouciños ó agro´ Aínda que os tempos foron mudando, a nosa transmisora, a Sra. Mercedes, cóntanos coma para as viaxes a castela se organizaban en cuadrillas e eran aloxados -ao igual que antaño- nos cubertos onde, como é […]

Read More

Vámola Alboreando – Marcha Procesional

  Entre todo o repertorio extenso da Requinta de Lampai (Teo), decidimos escoller a Marcha da Procesión que eles interpretaban para tocar en tal ocasión, xa que é un ritmo que non presenta diversidade en canto a pezas pois, polo xeral, os grupos tan só manteñen una melodía ou dúas o máximo no repertorio para […]

Read More

Hoxe despedimos a Victoria ‘de Xertrudes’

  Datas tristes na familia Fernández – Midón e na A.C. Regionalista, pois dona Victoria Midón Souto ‘Victoria de Xertrudes’ -a avoa dos nosos compañeiros Chema e Manuel Cebeiro- finou onte xoves 11 de xullo. Aquí vos deixamos a foto que coma transmisora ilustrou o Toque de Gadaña de ‘Vámola alboreando’. “Unha nota de dozura […]

Read More

Vámola Alboreando – Romance

Os romances remítenos a un xénero literario de tradición histórica na península ibérica e que podemos identificar como forma propia da lírica narrativa castelá. Na atualidade é moi difícil atopar ‘transmisores’ que lembren estas historias, a temática do romance é moi variada, aínda que predominan temas coma: o marido enganado, os mitos de doncelas que […]

Read More

Adeus a Palmira ‘de Picón’

O luns pasado 27 de maio deixábanos aos 97 anos unha mestra da vida e cantareira de corazón: Palmira Balado Gil -Palmira ‘de Picón’. Veciña de Cacheiras-Teo, encheunos de agarimo coa súa participación como transmisora na edición e presentación de Vámola alboreando. Músicas de Teo. Permanecerás na nosa memoria.           [audio mp3=»http://www.aregionalista.es/mp3/Varias/Palmiradepicon.mp3″ preload=»true»]

Read More