A Regionalista

Asociación Cultural

Vámola Alboreando – Jota da Sra Pepa

A Sra. Pepa foi unha das tantas rapazas que veu vivir a Amahía procedente da montaña. Os «montañeses» era o alcume polo que eran coñecidos os que proviñan das terras altas. Non é un nome pexorativo, pois esta xente estaba moi ben vista ao ser considerados moi traballadores e honrados. A migración interior provocaría a mestura […]

Read More

Mes do teatro

Fieis á cita anual chega o «Mes do teatro» a Teo da man da A. C. A. Mámoa de Luou-Teo. Na súa XV edición gozaremos de tres funcións ao longo deste mes de novembro no local social de Luou.

Read More

Vámola Alboreando – Ribeirana

Cando o Sr. Jesús Villar Souto era rapaz pasaba o tempo facendo enredos, é dicir, construía os seus propios xoguetes: «Daquela mandábannos co gando para o monte todo o día e tiñamos que buscar a maneira de entreter o tempo. A min sempre me chamou moito a atención a música, concretamente o son da gaita […]

Read More