A Regionalista

Asociación Cultural

PANXOLA DE FIN DE ANO.

O Sr. José Castro `Costiña´da parroquia de Lamas-Boqueixón. foi un dos mozos, de saír a cantar as panxolas, de ir casa por casa pedindo licenza, de bailar sobre o chan das cociñas no tempo do Nadal ……….. Segundo lembra o noso protagonista, o Sr. Costiña. –Para facer máis loables os cantos, os mozos repartíanse en dous bandos alternando […]

Read More

AS PANXOLAS. PURA DE SANíN.

  A visión dada polos nosos maiores achegaranos ao Nadal dos tempos de antes co propósito de entender como se vivía a festividade natalicia. Na viaxe realizada tivemos a sorte de atoparnos con transmisor@s, que nos darán una visión xeral, centrándonos nos cantos propios deste tempo do ano. Nas terras da Ulla os cantos natalicios […]

Read More

CANTO DE CARRETEIRO. MANUEL NIEVES.

Manuel Nieves e Carmen Mareque Picón. Deseiro-Sergude. Boqueixón. De par do noso amigo José Caneda Mareque realizamos moitas viaxes polos lugares de Sergude, Lamas, Vigo, Rodiño,… Na primeira visita aos seus familiares en Deseiro de Arriba, coñecemos a Manuel Nieves e a súa dona Carmen Mareque. Xunto a eles recordamos cousas –das de antes– son […]

Read More

LINO RODRÍGUEZ SALGADO. Igrexa-Boqueixón.

 A historia de como se fixo gaiteiro este home é tan curiosa como real. Sendo un mozote de quince anos polas festas da parroquia en Boqueixón, o San Roque, contrataran uns gaiteiros afamados da comarca…… Un cuarteto tradicional ben chulo, con aquelas monteiras altas e floridas, eran os      gaiteiros de Cacheiras chamados –Os Enxebres– á fronre un […]

Read More

CESÁREO VILLAR VAAMONDE. A Granxa.

  Para comprender a idíosincrasia do cuarteto Airiños do Pico antes temos que falar dos antecedentes que o orixinan e para tal efecto tivemos o pracer de coñecer a don Cesáreo Villar Vaamonde quen aos seus 100 anos loce una memoria envexable, pouso de todo unha vida. Nado en san Miguel de Sarandón, lugar onde […]

Read More

Despedida ao Mestre SANDE

O sábado día 29 de marzo despedimos o noso AMIGO e MESTRE Manuel Sande Boquete -primeiro pola dereita-, natural da Grela-Lampai (Teo), quen foi bombista da Requinta de Lampai ata o ano 40 e dos Hnos. Lamas ata os anos 80. Gran tocador de bombo con pratiños sabía as coplas todas da nosa tradición. Un […]

Read More

Adeus a Palmira ‘de Picón’

O luns pasado 27 de maio deixábanos aos 97 anos unha mestra da vida e cantareira de corazón: Palmira Balado Gil -Palmira ‘de Picón’. Veciña de Cacheiras-Teo, encheunos de agarimo coa súa participación como transmisora na edición e presentación de Vámola alboreando. Músicas de Teo. Permanecerás na nosa memoria.           [audio mp3=»http://www.aregionalista.es/mp3/Varias/Palmiradepicon.mp3″ preload=»true»]

Read More